Evento: Goyo Jiménez: Aiguantulivinamérica 3

Goyo Jiménez: Aiguantulivinamérica 3
sábado, 24 setembro, 2022 - 21:00
Teatro Afundación Vigo,
Vigo

Goyo Jiménez: Aiguantulivinamérica 3

Amigas, amigos, amigues eu teño un soño. Eu teño un soño e é que onte á noite ceei forte e logo, claro, estiven a dar voltas na cama por culpa da pesadez de estómago e do refluxo porque, ademais, non tenia a almofada adecuada. Pero isto agora non vén a conto e, ademais, vou do tema. Eu teño un soño e é que, algún día, as nosas vidas sexan igual de emocionantes, glamurosas e profundas que as dos americanos, e que, mentres ese día chega, podamos seguir partíndonos a caixa xuntos en teatros, auditorios e salas polivalentes, adecuadamente equipadas, á conta de rirnos das nosas diferenzas e similitudes.

A pesar da facervos rir xa ata a extenuación con Aiguantulivinamérica 1 e Aiguantulivinamérica 2, poida agora esnaquizar os vosos órganos internos por culpa das gargalladas que vos provoque con Aiguantulivinamérica 3, e seguir, ademais, acumulando cantidades indecentes de diñeiro como recompensa.
Eu teño un soño e é que, a pesar de todas as dificultades e frustracións do momento, sigamos rindo xuntos, ata alcanzar a éxtase, co final desta triloxía americana.
Con todos vós? Aiguantulivinamérica 3

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal