Evento: CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible)

CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible)
venres, 1 xullo, 2022 a domingo, 18 setembro, 2022
Lugar de la Ciudad de la Cultura,
Santiago de Compostela

CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible)

Por primeira vez na Península Ibérica, chega a Santiago de Compostela CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible), unha vangardista experiencia inmersiva de realidade virtual dirixida polo cine...

Por primeira vez na Península Ibérica, chega a Santiago de Compostela CARNE y ARENA (Virtualmente presente, Fisicamente invisible), unha vangardista experiencia inmersiva de realidade virtual dirixida polo cineasta Alejandro G. Iñárritu que explora a condición humana das persoas migrantes e refuxiadas.
CARNE y ARENA estreouse en 2017 no 70º Festival de Cine de Cannes como o primeiro proxecto de realidade virtual na historia do festival. Ese mesmo ano, Iñárritu recibiu un Oscar® especial por CARNE y ARENA, e a curtametraxe foi recoñecida pola Academia como "unha experiencia narrativa excepcional".Baseada en relatos reais, as liñas superficiais entre suxeito e espectador esvaecen ata mesturarse, permitindo a quen participa na experiencia pasear por un vasto espazo e experimentar en profundidade un fragmento das viaxes persoais das persoas refuxiadas. Unha experiencia deseñada como unha travesía de quince minutos para unha persoa, que xira arredor dunha secuencia de realidade virtual experimentada por tres visitantes simultáneos en salas separadas, con tecnoloxía inmersiva de vangarda para crear un espazo multinarrativo de luz con personaxes humanas.
+ INFO

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona