Evento: El Jarrón Infinito

El Jarrón Infinito
xoves, 14 xullo, 2022 a domingo, 2 outubro, 2022
Zona C. Punto de información cultural,
Santiago de Compostela

El Jarrón Infinito

Exposición de Mar Ramón Soriano.

El jarrón infinito de Mar Ramón Soriano é o novo proxecto que ocupará o primeiro e o segundo andar da Zona C. Foi seleccionado na modalidade de proxectos de creación artística para formar parte da programación que este espazo dedica á arte emerxente.

Mar Ramón Soriano (Valencia, 1993) contextualiza este proxecto na investigación procesual e teórica que vén desenvolvendo ao situar a materialidade das cousas no seu centro de interese. Segundo a artista, a natureza dun obxecto articúlase segundo pesos, resistencias e fraxilidades. O corpo é un obxecto máis que, representado coa cerámica e articulado con outros elementos dunha forma precaria, fornece un compoñente de dramatismo e temor á rotura.

Máis eventos de tipo Exposición

Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8