Evento: Corufest 2022: Encontro con Roy Galán
Corufest 2022: Encontro con Roy Galán
Corufest 2022: Encontro con Roy Galán
Encontro co escritor e activista LGTBQI+.
O escritor e activista LGTBQI+, de orixe galega, estará na Biblioteca Ágora no marco do festival Corufest.
Autor de libros como Irrepetible, Haz que no parezca amor ou Fuerte, o escritor e activista pola igualdade Roy Galán atoparase na Biblioteca Ágora coas súas lectoras e lectores nun encontro aberto ao público e dixirido especialmente aos dous Club de lectura QUEERuña .
Roy é un dos dezaseis homes entrevistados pola xornalista feminista Nuria Coronado para o seu libro Hombres por la igualdad, que está dispoñible no catálogo das bibliotecas, igual que están todos os libros do autor.
Ligazóns



