Evento: Saluda al Danubio de mi parte

Saluda al Danubio de mi parte
xoves, 5 maio, 2022 - 19:00
Forum Metropolitano,
A Coruña

Saluda al Danubio de mi parte

Presentación do libro de Quinito López Mourelle.

O achado fortuíto dunha fotografía serve de escusa nesta novela para rescatar o século XX, cuxa sombra aínda nos ameaza. Da man dunha familia austríaca, herdeira das contradicións daquela fascinante Viena finisecular, o autor intérnase de forma pouco convencional na xeografía dos sentimentos. A profundidade e urxencia da viaxe instarano ademais a pasar a limpo, de forma inédita ata a data, as súas conviccións, dúbidas, anhelos e debilidades.

QUINITO LÓPEZ MOURELLE:

En 2001 doutórase na Universidade Complutense coa tese La figura del héroe en la narrativa de Álvaro Cunqueiro, publicada en 2004 pola Deputación de Lugo.

As súas publicacións como novelista ata a data son: Confines. Breve teatro para debutantes (2007), Pimienta Negra (2009), Sin Ana Beatriz (2011), Orquesta Voland (2012) (ed. Ézaro), Mi última reencarnación (2016) (ed. Zaerasilvar), La herida de Bach (2019) e Pepitoria (2021) (ed. Grupo Beroly). Dos seus numerosos poemarios só viu a luz Nueva mitología del insomnio (2018) (ed. Grupo Beroly), ilustrado por Juan Álvaro Pernía.

Tamén desenvolveu un variado labor como xornalista cultural. Durante dez anos foi colaborador fixo en Cuadernos de Jazz. O seu blog MARQUIDE para La Opinión (A Coruña) xa pasou o seu primeiro decenio.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Programación de actividades no Museo Liste de Vigo para o outono
1 de outubro a 31 de decembro
Museo Liste Vigo
Portada da publicación da Peza do Mes de decembro do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Cachimba de arxila
1 de decembro a 31 de decembro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
BibliotecArte: 'O paso da lagoa Estixia' de Joachim Patinir
15 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés