Evento: Cantajuego Gira 2022/23

Cantajuego Gira 2022/23
domingo, 15 maio, 2022 - 12:00
Palacio da Ópera,
A Coruña

Cantajuego Gira 2022/23

Espectáculo infantil.

Nesta ocasión e tras máis de 15 anos en escena, os CantaJuegos tráennos unha divertida e entretida historia onde foron preseleccionados para outorgarlles un premio por ser a Aldea Ecolóxica Máis Proactiva e Creativa.

Para conseguilo, deberán demostrar as súas capacidades e seguir realizando as tarefas para protexer o planeta.

Nesta hilarante historia que nos fala do coidado do planeta a través do humor e do entretemento, os CantaJuegos estarán acompañados polos seus inseparables amigos Coco, Pepe e Buby, e moitos outros cos que e xunto a vós, cantarán e bailarán as súas cancións e éxitos de sempre.

Creedes que conseguirán o premio? Esperámosvos para descubrilo xuntos!

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia