Evento: 250 anos do Padre Sarmiento

250 anos do Padre Sarmiento
mércores, 9 marzo, 2022 a sábado, 31 decembro, 2022
Rúa de San Roque 2,
Santiago de Compostela

250 anos do Padre Sarmiento

O IEGPS, centro mixto o CSIC e a Xunta de Galicia organizan esta mostra bio-bibliográfica para conmemorar os 250 anos do Padre Sarmiento no claustro alto do IEGPS. A mostra conta con testemuños e publicació...

O IEGPS, centro mixto o CSIC e a Xunta de Galicia organizan esta mostra bio-bibliográfica para conmemorar os 250 anos do Padre Sarmiento no claustro alto do IEGPS. A mostra conta con testemuños e publicacións representativas dos estudos dedicados á figura e obra do sabio benedictino e complétase cunha detallada crono-bio-bibliografía que permitirá contextualizar e comprender a singular significación deste sabio ilustrado galego.
Frei Martín Sarmiento foi fillo de pais galegos, naceu en Villafranca del Bierzo (León) o 9 de marzo de 1695 e faleceu o 7 de decembro de 1772. A singular capacidade e erudición científicas do Padre Sarmiento, así como a súa enteira dedicación ao estudo e á investigación, quedou reflectida nun inxente número de obras e escritos tocantes ás materias máis dispares: historia, xeografía, paleografía, lingüística, bibliografía, filosofía, agricultura, historia natural, antropoloxía, ética, dereito, educación, política, socioloxía… O fundamento común de todo iso é o método empírico das ciencias modernas, por iso é considerado -xunto co Pai Feijóo, o seu paisano e irmán de Orde- uno dos máis destacados ilustrados españois.

Máis eventos de tipo Exposición

Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5
Mulleres artistas: aprendendo o oficio
11 de marzo a 31 de decembro
Lugar de la Ciudad de la Cultura
Somos un Ribeiro diverso
1 de abril a 31 de decembro
Museo Etnolóxico de Ribadavia