Evento: Obradoiro de iniciación á banda deseñada
Obradoiro de iniciación á banda deseñada
Obradoiro de iniciación á banda deseñada a cargo de Jorge Campos e dirixido a quen toma por primeira vez contacto co medio, así como a aqueles que queiran redescubrir as bases sobre as que se asenta esta arte.
Jorge Campos é licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño.
Obtivo o primeiro premio do Certame de Cómic de Cangas en tres edicións consecutivas (2015,2016 e 2017), así como o primeiro premio no concurso para ilustrar o mural do Museo da Música de Barbadás. Realizou ilustracións para web e traballou no deseño de logotipos, carteis, camisetas e calendarios. Tamén participou en varias exposicións colectivas e revistas e mesmo impartiu algún curso de cómic. Alter·Nativo é o seu primeiro libro publicado e con Una maestra en apuros dá o salto a unha editorial con presenza nacional e internacional.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Número máximo de participantes: 12. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.



