Evento: Obradoiro de iniciación á banda deseñada

Obradoiro de iniciación á banda deseñada
venres, 29 abril, 2022 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de iniciación á banda deseñada

Celebramos o Día do Cómic da man de Jorge Campos

Obradoiro de iniciación á banda deseñada a cargo de Jorge Campos e dirixido a quen toma por primeira vez contacto co medio, así como a aqueles que queiran redescubrir as bases sobre as que se asenta esta arte.

Jorge Campos é licenciado en Arquitectura pola Universidade da Coruña e técnico superior en Ilustración pola Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense. Como ilustrador, o seu traballo céntrase no ámbito do cómic, a ilustración infantil e xuvenil e o deseño.

Obtivo o primeiro premio do Certame de Cómic de Cangas en tres edicións consecutivas (2015,2016 e 2017), así como o primeiro premio no concurso para ilustrar o mural do Museo da Música de Barbadás. Realizou ilustracións para web e traballou no deseño de logotipos, carteis, camisetas e calendarios. Tamén participou en varias exposicións colectivas e revistas e mesmo impartiu algún curso de cómic. Alter·Nativo é o seu primeiro libro publicado e con Una maestra en apuros dá o salto a unha editorial con presenza nacional e internacional.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 6 a 12 anos. Número máximo de participantes: 12. As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 29
29 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Obradoiro de Halloween
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Investigación de mensaxes secretas
31 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola