Evento: Investigación de mensaxes secretas

Investigación de mensaxes secretas
venres, 31 outubro, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra

Investigación de mensaxes secretas

Neste obradoiro a rapazada creará unhas gafas 3D dende 0 que lle permitirá descifrar mensaxes ocultas entre un galimatías de letras sen sentido. Durante o proceso os nenos e nenas aprenderán cal é a ciencia que está detrás deste efecto óptico. Posteriormente poderán crear as súas propias mensaxes e debuxos ocultos e ver se os demais son quen de descifralos.

Data e hora: venres 31 de outubro ás 18.00 h.

Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir das 9:00h do mércores 22 de outubro.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros creativos no Museo Etnolóxico de Ribadavia
Obradoiros Creativos
31 de xaneiro a 16 de maio
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Xogando coas letras - mércores 4
4 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Bombas de sementes - Obradoiro con Vermislab
7 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xogando coas letras - mércores 11
11 de febreiro
Biblioteca Pública de Ourense