Evento: Os Xoves da Capela: Quant

Os Xoves da Capela: Quant
xoves, 26 maio, 2022 - 21:00
Teatro Jofre,
Ferrol

Os Xoves da Capela: Quant

Concerto dos ferroláns.

En poucas ocasións atopámonos un grupo como os ferroláns Quant, un conxunto de románticos aos que une o seu amor ao pop e a procura continua da canción perfecta. Unha utopía? non cando a maxia está do teu parte. A banda foi crecendo aos poucos con cada EP autoeditado que foron regalando aos que nos achegamos polos seus concertos buscando esas letras desenfadadas e esas guitarras cristalinas que conseguen debuxarnos un sorriso na cara.

As súas cancións comezan a asolagar fanzines, recompilatorios -Radio Filispim, A Fonográfica Xeral, os do selo Bon Vivant- e singles de vinilo ata que o 27 de maio do 2007 prodúcese un dos feitos máis gloriosos para a banda, tocan no mítico The Cavern de Liverpool, o berce dos Beatles. Posteriormente incorporaríase Miguel Fuentes á batería.

No 2009 e debido á insistencia de amigos e fans decídense a lanzar o seu primeiro longo,New Adventures in Full Colour (Quant, 2009), un traballo autoeditado no que nos presentan catorce cortes de pop  luminoso atemporal. O disco é apuntado en publicacións como Roteiro 66 e a MondoSonoro, e os seus ecos chegan ata Michigan: o selo Jam Records interésase neles e pídelles copias para vender no seu radio de acción. Bendito surrealismo.

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Xove Orquestra Terra Nova
15 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Orquestra Sinfónica de Galicia
15 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións