Evento: XII Encontro de Artistas Novos: #EAN12

XII Encontro de Artistas Novos: #EAN12
domingo, 28 agosto, 2022 a xoves, 1 setembro, 2022
Centro de Innovación Cultural (CINC),
Santiago de Compostela

XII Encontro de Artistas Novos: #EAN12

Encontro de artistas.

O Gaiás converterase por duodécimo ano consecutivo nun espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais. Será no XII Encontro de Artistas Novos, #EAN12, que se celebrará do 28 de agosto ao 1 de setembro de 2022, coordinado unha edición máis por Rafael Doctor.

O Encontro de Artistas Novos busca favorecer a convivencia entre artistas emerxentes de Galicia e procedentes doutros lugares, ademais permitirlles entrar en contacto con creadores e creadoras de recoñecida traxectoria, e tamén con axentes do sector de eidos como a crítica e o comisariado, que participan no encontro como art followers. Como cada ano, o EAN traerá ao Gaiás a destacados nomes do panorama actual da arte contemporánea, como Tono Arias, Beatriz Lobo, Miguel Scheroff e Ana Esmith (Miss Beige), que compartirán nesta edición as súas experiencias e reflexións ao redor da arte.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de febreiro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Cabeza antropomorfa de Armea
1 de febreiro a 28 de febreiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
BibliotecArte: "A persistencia da memoria" de Salvador Dalí
25 de febreiro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés