Evento: Artillery

Artillery
mércores, 9 marzo, 2022 - 21:00
Pub Transylvania,
Vigo

Artillery

Concerto de metal.

Artillery é unha banda danesa pertencente ao movemento thrash metal dos anos 1980, e foi partícipe no desenvolvemento primigenio do xénero. A súa música, altamente enérxica, caracterizouse polo machuque de riffs e a velocidade, ao estilo de Metallica e Slayer, tamén da época.

A banda formouse en 1982 en Taastrup, un suburbio de Copenhague. Os seus membros eran: Jürgen Sandau e Michael Stützer en guitarra, Morten Stützer en baixo, Carsten Nielsen en batería e Carsten Lohmann o cantante. O grupo gravou os demos Shellshock e Deeds of darkness en 1984. Carsten Lohmann abandona a banda en 1985 e é substituído por Flemming Rönsdorf. O mesmo ano Artillery grava o seu terceiro demo: Fear of tomorrow para Neat Records e lanza o seu primeiro álbum, tamén titulado Fear of tomorrow. O seu segundo traballo: Terror Squad foi lanzado en 1987. Ambos os discos son considerados clásicos de culto no xénero do thrash metal, a pesar que non gozaron no seu tempo dunha boa distribución por parte de Neat Records ao redor do mundo. O guitarrista Júrgen Sandoau deixa a banda en 1989,así é que o baixista Morten Stützer asume a súa posición e déixalle o baixo á nova incorporación: Peter Thorslund. O seu terceiro álbum: By Inheritance, foi lanzado en 1990 para Roadrunner Records. Artillery disolveuse en 1991, algúns dos seus membros seguiron con proxectos musicais durante o resto dos 90. Tras a edición en 1998 dunha compilación titulada: Deadly Relics polo selo Mighty Music, ofrecendo unhas mesturas de vellos demos máis dúas cancións dunha cinta promocional de 1989, a banda reúnese para crear o seu cuarto álbum: B.A.C.K. que foi lanzado en 1999 por Diehard Music.

 

 

  • Artillery - In Your Mind (OFFICIAL VIDEO)

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Deixa que che conte
19 de outubro
Avenida do Burgo das Nacións
Concerto de Pava dúo
23 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto Schola Gregoriana Lucensis
24 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo