Evento: Deixa que che conte

Deixa que che conte
domingo, 19 outubro, 2025 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Deixa que che conte

Inés Badalo presenta a primeira estrela dun firmamento sonoro co que dezaseis compositores homenaxean a Real Filharmonía de Galicia no seu 30º aniversario e que titulamos Proxecto Cometas. 

Baldur Brönnimann, directorIlse Eerens, soprano
Cometa: Encarga a Inés Badalo. Estrea absolutaHans Abrahamsen: Let me tell you.Piotr Ilich Chaikovski: Sinfonía núm. 1 en Sol menor, Op. 13, TH 24 “Soños de inverno”
Inés Badalo presenta a primeira estrela dun firmamento sonoro co que dezaseis compositores homenaxean a Real Filharmonía de Galicia no seu 30º aniversario e que titulamos Proxecto Cometas. Aberto tamén ao infinito, o ciclo de cancións Let me tell you, do danés Hans Abrahamsen, contén as 481 palabras que Shakespeare pon nos beizos de Ofelia, quen medita poeticamente sobre o fascinio do pasado, do presente e do porvir. Este entresoño enlaza con Soños de inverno, a primeira das sinfonías dun Piotr Ilich Chaikovski de tan só 26 anos. A súa escrita foi esgotadora e tortuosa, acentuada pola difícil relación que Chaikovski tiña co director do Conservatorio de Moscova, Nikolái Rubinstein, insatisfeito coa partitura; cando finalmente se interpretou completa, foi saudada pola crítica como unha grande obra, que só podería ser escrita por un verdadeiro ruso.
CONVERSANDO CON… Baldur Brönnimann Sala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
 

Máis eventos de tipo Concerto

A Roda – Xira 2025
11 de agosto
Praza de España
Concerto
14 de agosto
Praza da Galicia
Concerto de Abril Dúo
14 de agosto
Campo da Feira
Ghrelo power
15 de agosto
Alameda