Evento: Traspielas

Traspielas
venres, 29 maio, 2026 - 20:30
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Traspielas

*/Traspielas/* é o novo proxecto de *Su Garrido Pombo *xunto con *Macarena Montesinos* (cello),Iago Ramilo (saxo), *Marco Maril (*electrónica) e *Fran Rodriguez Casal *(visuais) nos que celebran a memoria cole...

MÚSICA · CICLO FIESTRA ABERTA
Traspielas é o novo proxecto de Su Garrido Pombo xunto con Macarena Montesinos (cello),Iago Ramilo (saxo), Marco Maril (electrónica) e Fran Rodriguez Casal (visuais) nos que celebran a memoria colectiva dunha aldea a través dunha obra musical, poética e visual.
Partindo de pezas tradicionais recollidas na aldea de Traspielas e proxecións con imaxes actuais e de videoarquivo, músicas de recoñecida traxectoria e de estilos diversos como a electrónica, a experimentación e a música tradicional conflúen para crear unha obra actual.O obxectivo e dar nova vida a estas cancións nunha proposta artística multidisciplinare contemporánea que pon en valor a comunidade e a cultura popular dun territorio.Despois de participar nas Residencias Mariñán 2024, foron proxecto seleccionado no MUMI 2024 e Maré 2024 e están preparando a súa xira e gravación do seu novo proxecto discográfico.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Chichafest
13 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O Son do Camiño 2026
18 de xuño a 20 de xuño
Monte do Gozo
Picadiscos María Faltri
18 de xuño
Praza San Miguel de Reinante