Evento: A pegada dos avós
A pegada dos avós
A pegada dos avós é unha película documental que aborda a memoria histórica dende un punto de vista moi pouco tratado, quenes buscan respostas son un grupo de adolescentes estudantes do último curso de bacharelato artístico.
Eles escollen as historias de José Villaverde e de Amada García para afondar nun tema sobre o que non tiñan case información. Dende a súa mirada intentarán comprender o drama da guerra civil española,a dictadura, a represión e, como din eles “coñecer de primeira man o que non ven nos libros. A suas reflexións personais asimesmo quedan reflectidas no videoblog de cada un. Ademáis os protagonistas logran falar con dous dos principais expertos neste tema: o escritor Manuel Rivas e o xuíz Baltasar Garzón.
Un grupo de rapaces percorren, 75 anos despois, un particular camiño tratando de investigar a historia da xeración que viviu o golpe do 36. Elas e eles, en primeira persona, terán que se enfrontar á dureza dos seus descubrimentos e explicar as implicacións que poda ter esta decisión nas súas vidas.