Evento: Exposición Legado Padre Silva
Exposición Legado Padre Silva
Jesús César Silva Méndez, o Pai Silva ao que todos coñecían como o Cura, fundou en 1957, en pleno franquismo, nos arredores de Ourense, unha cidade revolucionaria para nenos e novos. Benposta, a Cidade dos Raparigos, chegou a acoller 50.000. Orfos, refuxiados, chegados de todo o mundo. Dentro dela, as decisións tomábanse nun parlamento, pregoábase o pacifismo e había un circo que viaxaba polo mundo enteiro e que servía como método de promoción e de formación para a vida. Había tamén ensino académico, unha das primeiras escolas audiovisuais e chegou a ter unha canle de TV. Todo aquilo naufragou nos últimos anos entre enfrontamentos, débedas e preitos, e non sobreviviu á morte do seu fundador. Nada da súa obra, que en definitiva fora a súa vida, quedaría libre de sospeita para a historia.
Máis eventos de tipo Exposición



