Evento: Leonardo e os biosbardos

Leonardo e os biosbardos
sábado, 6 maio, 2023 - 12:30
Teatro Principal da Estrada,
A Estrada

Leonardo e os biosbardos

Espectáculo infantil a cargo de A xanela do maxín

Leonardo, no seu intento por integrarse e adaptarse a Auria fará por superar as probas que a cuadrilla da Roncolla lle obriga a realizar para formar parte da mesma.

Entretanto debe tamén coidar de pecharlle ás galiñas pola noite, porque están a desaparecer misteriosamente e é que na súa granxa outro drama se está a cocer… os raposos teñen atemorizados aos habitantes do galiñeiro cos temibles Biosbardos. A cambio da protección esixen a súa comida preferida: ovos de galiña.

A través do acoso introdúcese a superación dos medos, racionais e irracionais. Non renderse, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas como un medio para favorecer a educación integral das persoas.

A solidariedade, o ecoloxismo, a integración, a vida na natureza ou o despoboamento do rural son outras das temáticas que se tratan nesta obra.

Elenco:

Celtia Figueiras: Leonardo e Galiñas.

Mario Rodríguez: Roncolla, raposos, porca e actor.

Topo Vidal: Nai, raposo e galo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

O auto do Castromil
25 de maio, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
As desterradas
25 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
Perder a lingua
30 de maio, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña
O que hai que ver
30 de maio, 21:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra