Evento: Saga de Flin Harvardr

Saga de Flin Harvardr
domingo, 5 xuño, 2022 - 18:30
Auditorio Gustavo Freire,
Lugo

Saga de Flin Harvardr

Espectáculo de monicreques de Trécola Producións

Eran as sagas unha cantiga á heroícidade de grandes guerreiros vikingos fortes e valientes, que abandoaban as súas terras ermas e denostadas polo clima nórdico e zarpaban nos seus drakar para conquistar outros pobos na procura de alimento e tesouros.

Non é o caso da Saga de Flin Havardr... un pastor que vislumbra nun sono as súas proezas como guerreiro e que na realidade leva a cabo unha viaxe inesperada acompañado por unha tripulación moi particular que nada ten de forte ou valiente aínda que abonda en creatividade.

Conseguirán chegar a unha terra fértil e fermosa a conta da morriña dun dos seus tripulantes.

Conquistarán ou serán conquistados?

Unha obra orixinal de Trécola representada por marionetas de fíos e música en directo da mán de Pablo Pintor.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Heroes en decembro
20 de novembro, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Trogloditas
21 de novembro, 10:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Trogloditas
21 de novembro, 12:00
Forum Metropolitano - A Coruña - A Coruña
Deadpan Karaoke
21 de novembro, 20:00
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra