Evento: Luis Piedrahita: Es mi palabra contra la mía

Luis Piedrahita: Es mi palabra contra la mía
sábado, 1 outubro, 2022 - 20:00
Rúa do Preguntoiro, 23,
Santiago de Compostela

Luis Piedrahita: Es mi palabra contra la mía

ES MI PALABRA CONTRA LA MÍA é o novo monólogo de Luís  Piedrahita. Un espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luís analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.

ES MI PALABRA CONTRA LA MÍA é o novo monólogo de Luís  Piedrahita. Un espectáculo cheo de enxeño e tenrura no que Luís analiza por que ninguén está contento co que lle tocou.Unha vez máis, Piedrahita cheira a realidade con afán de porco trufeiro e saca a relucir os aspectos máis absurdos do noso día a día. Temas de fondo calado existencial como as cellas negras das señoras maiores, o medo ao  váter alleo ou o amor verdadeiro.Profundas reflexións de voo galináceo e improvisacións  meticulosamente ensaiadas. Un espectáculo no que todos chegan á mesma conclusión: só o humor fai a vida  soportable.

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal