Evento: Préstamo a cegas

Préstamo a cegas
xoves, 11 xaneiro, 2024 - 08:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Préstamo a cegas

Celebramos o Día da usuaria e o usuario das bibliotecas

Gústanche as sorpresas? Escolle unha bolsa, lévaa para a casa e descubre o que contén! Queda coa bolsa e axúdanos a eliminar os plásticos dun só uso.

As bolsas para persoas adultas estarán dispoñibles no 2º andar a partir das 8.30h e as destinadas ao público infantil na sala infantil a partir das 16h.

Non abras o paquete ata chegar á túa casa e bótalle unha ollada a todos os materiais aínda que penses que non che van gustar.

Agardamos que sexan do teu agrado!

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola