Evento: Por primeira e última vez
Por primeira e última vez
Películas que resplandecen como cometas na noite. Cineastas á busca das súas propios límites, coa paixón e intensidade do agora ou nunca. Por primeira ou última vez sección baixo o influxo permanente de Nick Ray, o máis fulgurante dos cineastas propón unha celebración do cinema alleo a toda actualidade, revisitando aquelas películas feitas de raros e preciosos momentos nos que os cineastas, ben sexa por arroxo ou mera necesidade, lograron que as súas imaxes brillarán como só poden facelo as primeiras e últimas veces.
Nesta ocasión, o crítico e programador coruñés Jaime Pena Pérez seleccionou Contactos (1970), primeira película dirixida polo cineasta e investigador cinematográfico cántabro Paulino Viota, un dos máis insignes expoñentes do cinema disidente español. Da man de Jaime Pena descubriremos por quéContactos é un dos fitos estéticos e ideolóxicos do cinema español dos anos setenta.



