Evento: Por primeira e última vez

Por primeira e última vez
sábado, 18 decembro, 2021 - 17:00
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

Por primeira e última vez

Proxección da película de Paulino Viota.

Películas que resplandecen como cometas na noite. Cineastas á busca das súas propios límites, coa paixón e intensidade do agora ou nunca. Por primeira ou última vez sección baixo o influxo permanente de Nick Ray, o máis fulgurante dos cineastas propón unha celebración do cinema alleo a toda actualidade, revisitando aquelas películas feitas de raros e preciosos momentos nos que os cineastas, ben sexa por arroxo ou mera necesidade, lograron que as súas imaxes brillarán como só poden facelo as primeiras e últimas veces.

Nesta ocasión, o crítico e programador coruñés Jaime Pena Pérez seleccionou Contactos (1970), primeira película dirixida polo cineasta e investigador cinematográfico cántabro Paulino Viota, un dos máis insignes expoñentes do cinema disidente español. Da man de Jaime Pena descubriremos por quéContactos é un dos fitos estéticos e ideolóxicos do cinema español dos anos setenta.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Ciclo de cine de primavera no Museo de BBAA da Coruña
Museos de cine
8 de abril a 29 de abril
Museo de Belas Artes
Ciudad sin sueño
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Las amargas lágrimas de Petra von Kant
14 de abril
Filmoteca de Galicia
Curtas Guillermo Galoe
15 de abril
Filmoteca de Galicia