Evento: Nadal no Gaiás 2021: Os trasnos do Nadal

Nadal no Gaiás 2021: Os trasnos do Nadal
sábado, 18 decembro, 2021 - 17:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Nadal no Gaiás 2021: Os trasnos do Nadal

Espectáculo de teatro.

A Biblioteca de Galicia trae para estas datas especiais de decembro, sobre todo para a cativada, un animado cabaré centrado na temática de Nadal,  con 7 elfos en escena. A escenografía da obra Os trasnos do Nadal recrea un teatriño  onde os elfos do Polo Norte contarán como é a súa vida ao longo de todo o ano en Laponia, axudando a Papá Noel, e como terán que facer para solucionar un despiste do Reno Rodolfo que os deixou esquecidos na Cidade da Cultura de Galicia. Co fío condutor dunha presentadora e narradora e por medio de coreografías e números musicais que percorren temas clásicos do Nadal, estes seres máxicos farán as delicias dos máis pequenos. Non faltará o acompañamento de panxoliñas tradicionais galegas.

O espectáculo corre a cargo de Nelson Quinteiro Producciones, dinamizador cultural e cabareteiro con paixón pola música e a danza tradicional. 

Máis eventos de tipo Espectáculo

A pluma viva de Rosalía
19 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Brinca vai! De aquí a acolá
20 de decembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Barquiño de pau
23 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Cinema Marabillas, Ver para ler
27 de decembro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal