Evento: IV Feira de Ciencia Isabel Zendal

IV Feira de Ciencia Isabel Zendal
sábado, 27 novembro, 2021 - 10:00
Forum Metropolitano,
A Coruña

IV Feira de Ciencia Isabel Zendal

Actividade para conmemorar o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña.

UDCiencia d i, grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración cos Museos Científicos, organizan a IV Feira de Ciencia Isabel Zendal. 

A actividade conmemora o aniversario da saída da Real Expedición Filantrópica da Vacina do porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, hai 218 anos. Nesta travesía marítima tivo un papel destacado a coruñesa Isabel Zendal, como responsable dos nenos que portarían a vacina das vexigas. 

Neste evento, que se celebrará o sábado 27 de novembro, o Aquarium Finisterrae acollerá un programa de dez talleres atendidos por profesorado e alumnado da Universidade da Coruña. Será unha oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando en diversos experimentos, xogos e actividades.

Máis eventos de tipo Outras actividades

Bases XVII_ATLANTE
XVII Premio Atlante de Gravado
14 de setembro a 31 de maio
Colección Visitable Fundación Museo de Artes
Palestina
22 de marzo a 31 de decembro
Biblioteca Pública de Ourense
Real Filharmonía de Galicia. Temporada 2025-26
18 de setembro a 4 de xuño
Avenida do Burgo das Nacións
Club de lectura infantil (3º a 6º de primaria)
7 de novembro a 22 de maio
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola