Evento: Un humanismo moderno

Un humanismo moderno
venres, 22 outubro, 2021 a sábado, 22 xaneiro, 2022
Casa das Artes,
Vigo

Un humanismo moderno

Exposición sobre as obras de Manuel Colmeiro e Luís Seoane.

A exposición está composta por case 200 gravados, das cales 100 obras pertencen á Suite Vollard de Pablo Picasso, realizados entre 1930 e 1936 en diversas técnicas: buril, punta seca, aguatinta ao azucre e aguafuerte.

A parte galega da exposición está representada por Colmeiro e Seoane, que no exilio en Arxentina durante os anos 40, mantiveron con vida a arte galega cunha estética con resonancias clasicistas, como queda claro en Homenaxe á torre de Hércules, do primeiro, e os gravados do segundo, nos que destaca a nostalxia da Galicia.

Na obra de Colmeiro e Seoane os ecos picassianos son evidentes e no contexto da diáspora esta elección non é soamente unha opción estética senón tamén política porque Picasso realizara en 1937 o Guernica comprometido coa República acosada en plena Guerra Civil e era, nos anos da II Guerra Mundial.

O cuarto artista é o gravador franco-húngaro Marcel Vertés, un gravador que desenvolve unha obra con indubidables referencias picassianas e evidénciase a unión entre o ser humano e a natureza coas súas ilustracións de Dafnis e Chloé (1954).

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona