Evento: 10 anos, 10 autores, 10 libros: Juan Tallón

10 anos, 10 autores, 10 libros: Juan Tallón
venres, 29 outubro, 2021 - 19:00
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

10 anos, 10 autores, 10 libros: Juan Tallón

Charla do narrador e poeta.

O ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros, organizado pola Biblioteca de Galicia para celebrar o seu décimo aniversario, chega ao seu fin este venres 29 de outubro. Depois de escoitar a Arantza Portabales, Ledicia Costas, Domingo Villar, María Solar, María Canosa, Fina Casalderrey, Santiago Lopo, Pedro Feijoo e Andrea Maceiras, o autor número 10 será Juan Tallón. O autor de Rewind estará acompañado da poeta Dores Tembrás.

O narrador e a poeta falarán de Días contados (Xerais, 1991), obra escollida por Juan Tallón para a súa conversa. Igual que no seu inicio, o ciclo 10 anos, 10 autores, 10 libros remata tendo como protagonista un libro de relatos. Nos doce relatos da obra de Cid Cabido a realidade e o absurdo combínanse á perfección. Neles a cidade de Vigo serve como escenario para mostrar o illamento, as carencias afectivas e a soidade máis insoportable.

De novo esta última cita terá lugar ás 19:00 no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia e poderá verse en streaming na canle de Youtube da Cidade da Cultura. Remata así esta proposta cultural da Biblioteca de Galicia que tivo como obxectivo que os nosos escritores falasen dun título da nosa literatura que lles marcase a súa traxectoria como lectores e como creadores de literatura, pero que tamén pretendeu reforzar o amor a lectura a través das lembranzas e sentimentos deses autores por un libro.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: renovación e modernidade
15 de outubro a 17 de decembro
Museo de Belas Artes
Xornadas sobre Díaz Pardo no Museo de Belas Artes da Coruña
Xornadas científicas: Isaac Díaz Pardo
23 de outubro a 24 de outubro
Museo de Belas Artes
Toponimízate 2025
24 de outubro
Centro sociocultural do Castro
Toponimízate 2025
6 de novembro
Auditorio Municipal