Evento: Linkoln Park

Linkoln Park
sábado, 10 xuño, 2023 - 22:00
Garufa Club,
A Coruña

Linkoln Park

Concerto tributo á banda Linkin Park.

Volve gozar dos hits máis coñecidos dunha das bandas máis importantes da historia do nu metal, Linkin Park. Un espectáculo cheo de forza, cor e rock en homenaxe á banda estadounidense creada en 1996. 

Un tributo da man de Linkoln Park, un grupo musical de nu metal creado en 2015 na capital madrileña. Nos seus concertos, a banda rememora a un dos grupos de rock máis aclamados a nivel internacional durante as últimas décadas. A actuación convértese nun repaso dos maiores éxitos da banda cunha incrible posta en escena acompañada da estética e o carisma destes xigantes do rock. Unha velada musical na que gozarás de boas voces, boa música e unha constante interacción co público por parte dos músicos. 

Durante o concerto, a banda deleitará ao seu público con cancións convertidas en fitos musicais do rock alternativo como Numb, In The End ou What I've Doe. Un tributo co que volverás sentir a forza das letras e os acordes de Linkin Park ao estilo máis rock. 

Máis eventos de tipo Concerto

Música para bebés
7 de outubro a 23 de xuño
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Concerto Coro do Hospital de Lugo (HULA)
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo
Mares de historias
23 de abril
Avenida do Burgo das Nacións
The Long Ryders + Tesouro
24 de abril
Rúa de Concepción Arenal, 5