Evento: Mares de historias

Mares de historias
xoves, 23 abril, 2026 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Mares de historias

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Paul Daniel, director

  • Cometa: Encarga a Gabriel Erkoreka. Estrea Absoluta
  • Fernando Buide: Mar ao Norde
  • Benjamin Britten: Four Sea Interludes da ópera Peter Grimes, Op. 33a
  • Jean Sibelius: Sinfonía núm. 3 en Do maior, Op.52

CONVERSANDO CON… Paul Daniel Sala Mozart, 19:45 h
Coa participación do alumnado da EAEM
Un concerto con estéticas diversas comeza coa obra de Gabriel Erkoreka, que nos achega a Mar ao Norde, composta polo santiagués Fernando Buide en 2014 como homenaxe ao primeiro poemario de Álvaro Cunqueiro. A obra é case un concerto para seis violonchelos e orquestra, que percorren xuntos unha historia simbólica marcada polo mar, a noite e a inmensidade. Tamén no mar vive Four Sea Interludes, de Benjamin Britten, o principal compositor inglés do século XX. Pacifista e dono dun estilo persoal, é recoñecido polo uso expresivo da tonalidade, equilibrio formal e fonda sensibilidade dramática, xa visible nesta obra, extraída da ópera Peter Grimes. A Sinfonía núm. 3 de Sibelius, a máis clásica das súas sete, consta de tres movementos que fan referencia ao nacemento, morte e resurrección de Cristo.
 

Máis eventos de tipo Concerto

DOA
25 de xuño
Igrexa de San Domingos de Tui
Quiquiriquí
26 de xuño
Espazo Lorenzo Varela
As Historias de Bemol Pequeno
27 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés