Evento: Banda Municipal de Música de Santiago-Gozando cos ventos

Banda Municipal de Música de Santiago-Gozando cos ventos
xoves, 25 xuño, 2026 - 20:00
Plaza das Praterías,
Santiago de Compostela

Banda Municipal de Música de Santiago-Gozando cos ventos

A Praza das Praterías acolle “Gozando cos ventos”, un concerto da Banda Municipal de Santiago de Compostela dentro da temporada 2025/26 “Escoita, sinte e desfruta”.

A Praza das Praterías acolle “Gozando cos ventos”, un concerto da Banda Municipal de Santiago de Compostela dentro da temporada 2025/26 “Escoita, sinte e desfruta”.
Baixo a dirección de Casiano Mouriño, subdirector da formación, o programa reúne obras vinculadas á tradición da música para banda, a zarzuela e os sons populares, nun percorrido musical pensado para desfrutar ao aire libre no corazón histórico de Compostela.
O concerto incluirá pezas de Rafael Taléns, Gerónimo Giménez, F. A. Barbieri, Arie Malando e Bernardo del Río, combinando repertorio clásico e composicións inspiradas na tradición musical popular.
 

Máis eventos de tipo Concerto

Odaiko Familiar
17 de xullo
Campo do Souto
Tributo 70's e 80's
17 de xullo
Praza da Igrexa
Os Piñeiros
17 de xullo
Meamán
Rockeando con Ramona Órbita, a dona do tempo
18 de xullo
Espazo Lorenzo Varela