Evento: Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán
Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán
A exposición Símbolos xacobeos e imaxes de Santiago. Impresos do barroco compostelán recolle unha selección de gravados composteláns dos séculos. XVII e XVIII, abertos por afamados gravadores locais e foráneos, utilizados polas tipografías composteláns, co denominador común de que apareza os símbolos xacobeos ou a imaxe de Santiago, para atender unha tripla demanda: Universidade (follas de grado), Cabido (compostelas e diferentes documentos relacionados co culto xacobeo), e estampas de finalidade relixiosa destinas a devoción popular.
A mostra reúne e ordena unha selección destas ilustracións, recreando un escenario mudable, ilusorio, conforme á sensibilidade e a teatralidade propia do Barroco, no que cada un dos compoñentes traduce o carácter persuasivo desta cultura, pensada para servir ás diferentes mensaxes en torno ao Apóstolo.
Aberta ao público desde o 23 de setembro de 2021 a 16 de xaneiro de 2022 na Sala de Afundación ( Praza Maior , nº 4, Ourense)
Máis eventos de tipo Exposición



