Evento: Vade Retro + Adrian Timms
Vade Retro + Adrian Timms
Adrian Timms é un artista independente nacido en Inglaterra con influencias da música británica dos anos 90. Compoñendo melodías e letras desde pequeno no piano, en 2010 trasládase a Vigo para completar os seus estudos e comeza o seu canal de Youtube para darse a coñecer e atopar o seu estilo persoal. Pero o maior impulso que recibiu a súa carreira foi derivado das rúas de Vigo, onde cantaba e tocaba as súas pezas. O público vigués acolleuno cos brazos abertos, convertendoo nun referente da paisaxe sonora da cidade olívica.
No 2019 bota a vista atrás e rescata do seu caderno 10 das cancións que o acompañaron nestes primeiros 10 anos de creación artística para dar forma ao seu primeiro LP de estudo PART WON , que o público poderá escoitar este sábado. Un disco orgánico entre o Indie e o Folk cheo de maxia.
Máis eventos de tipo Concerto