Evento: O órgano colonial e as relacións musicais co alén mar

O órgano colonial e as relacións musicais co alén mar
mércores, 25 agosto, 2021 - 17:30
Coro alto de San Domingos de Bonaval,
Santiago de Compostela

O órgano colonial e as relacións musicais co alén mar

Charla-coloquio con el organista e investigador Marco Aurélico Brescia.

O organista ítalo-brasileiro Marco Aurélio Brescia é un experto coñecedor dos repertorios de música para tecla de tradición ibérica e italiana dos séculos XVI a XIX. Ademais dunha extensa carreira concertística, Brescia é doutor en Musicoloxía pola Universidade Paris IV- Sorbonne, investigador da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa e foi o principal impulsor da restauración crítica do órgano histórico Almeida e Silva de Diamantina (1787). Foi precisamente neste órgano que Marco Brescia fixo a gravación da integral das obras para órgano, publicadas por Domenico Zipoli xunto a obras chiquitanas a el atribuídas, que serán interpretadas no concerto que terá lugar na igrexa das Ánimas. Conversaremos co investigador sobre as relacións musicais que se estableceron entre Europa e os territorios de alén mar e o papel que neste proceso xogaron tamén os órganos como o de Diamantina, no Brasil. Marco Aurélio Brescia interpretará, ademais, algunhas pezas representativas destes repertorios nun clavicordio, reprodución dun modelo do s. XVI, instrumento que, tradicionalmente, se empregaba para o exercicio diario dos organistas.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Curso de primavera no Museo de Belas Artes da Coruña
Os temas da arte: Heroes e heroínas da mitoloxía clásica
7 de abril a 26 de maio
Museo de Belas Artes
Xornada sobre a paisaxe no tempo no Castro de Viladonga
Relatos sobre a paisaxe no tempo
30 de abril
Museo do Castro de Viladonga
Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Romaría de San Vitoiro
1 de abril a 30 de abril
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
Presentación do libro "1140"
23 de abril
Biblioteca Pública de Lugo