Evento: Don Gaiferos

Don Gaiferos
domingo, 24 outubro, 2021 - 20:00
Auditorio Hernán Naval,
Ribadeo
Espectáculo teatro-musical a cargo da compañía Os Monicreques de Kukas

Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego;  conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pes do santo na Catedral compostelá.

Nesa viaxe atemporal atoparase con diferentes personaxes como Exeria a dama peregrina a Xerusalén, un arrieiro maragato, uns cómicos italianos, un demo que unha e outra vez quere desvialo do seu camiño ofrecéndolle todo tipo de praceres mundanos e ata unha reporteira da televisión galega aos que se incorporan diferentes personaxes arquetipos dos diversos peregrinos que viaxan á Compostela, coma un faquir hindú co seu elefante, un escocés, un portugués, unha andaluza flamenca... así como lendas, costumes, lugares e monumentos representativos do  feito xacobeo ata rematar aos pes do Apóstolo Santiago no Pórtico da Gloria.

Elenco: Marian Gonzalez, Isabel G. Coldeira, Borxa Insua, Ero Vázquez, Marcelino de Santiago, Antía Ameixeiras e Sabela Caamaño

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Meco e sono
14 de decembro, 12:00
Sala Bahía - Foz - Lugo
Retranca e maxia
14 de decembro, 18:00
Auditorio Municipal Manuel María - O Carballiño - Ourense
Teatro de papel
14 de decembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Go on!
14 de decembro, 19:30
Auditorio Municipal - O Grove - Pontevedra