Evento: A Moureira. Conferencia no AHP Pontevedra

  • Programa de actividades do AHP de Pontevedra
  • Campo da Torre ou do Teucro
A Moureira. Conferencia no AHP Pontevedra
venres, 11 xuño, 2021 - 19:00
Arquivo Histórico provincial de Pontevedra,
Pontevedra

A Moureira. Conferencia no AHP Pontevedra

Semana Internacional dos Arquivos. Empoderar os Arquivos

O Arquivo Historico Provincial de Pontevedra súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Neste contexto inscríbese a conferencia impartida polo ex-director do Arquivo Municipal de Pontevedra, Enrique Sotelo Resurrección.

Licenciado en Filosofía e Letras (especialidade Historia) pola Universidade de Santiago de Compostela, traballou en diversos arquivos e desde 1994 desenrolou a súa labor no arquivo municipal de Pontevedra, en calidade de Xefe de Servizo, ata a súa xubilación o pasado 2019. Colaborou en varios grupos e mesas de traballo sobre arquivos e é coautor de varias publicacións referidas ao mundo da arquivística. Traballou e traballa en distintos aspectos da historia local pontevedresa, destacando publicacións como Pontevedra, vila amurallada; Pontevedra. 1840-1915; As fontes de ferro pontevedresas... Pero tamén innumerables artigos sobre a cidade como: Un paseo pola muralla pontevedresa, Breve reseña histórica do barrio de San Roque, Informe sobre o convento de Santo Domingo, O edificio municipal da Praza da Verdura, Fontes documentais para a historia de Pontevedra... Todo iso convérteo nun especialista coñecedor da vida dos barrios pontevedreses.

A conferencia poderáse seguir en directo no canal Youtube do Arquivo Historico Provincial de Pontevedra.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2025
28 de xullo
Centro Sociocomunitario de Ponte Carreira
Toponimízate 2025
12 de setembro
Museo do Mar
Toponimízate 2025
19 de setembro
Auditorio Municipal
Toponimízate 2025
26 de setembro
Casa do Concello