Evento: Xornada de portas abertas no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Programa de actividades do AHP de Pontevedra
  • As Corbaceiras. Pontevedra
Xornada de portas abertas no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
venres, 11 xuño, 2021 - 12:00
Arquivo Histórico provincial de Pontevedra,
Pontevedra

Xornada de portas abertas no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

Semana Internacional dos Arquivos. Empoderar os Arquivos

O Arquivo Historico Provincial de Pontevedra súmase, un ano máis, á celebración da Semana Internacional dos Arquivos, promovida polo Consello Internacional de Arquivos (CIA) baixo o lema: Empoderar os Arquivos.

Con este motivo o 11 de xuño terá lugar unha xornada de portas abertas cunha visita guiada e unha pequena exposición de documentos e fotografías relacionadas co barrio de Pontevedra A Moureira, baixo o título: “A Moureira: o vello barrio mariñeiro”.

Nun dos arrabaldes de Pontevedra situábase A Moureira, de clara vocación mariñeira, portuaria e con gran movemento de mercadorías. O seu nome procede da salmoira empregada na salgadura da sardiña. O barrio naceu seguindo a liña da costa, entre a ponte do Burgo e o río Gafos. A forma de arco do río Lérez organiza e delimita as tres Moureiras: a de Arriba, a da Barca ou media, e a de Abaixo ou Corvaceiras. Se Pontevedra foi durante o século XVI a poboación máis rica e populosa de Galicia, debeuse aos poboadores e poboadoras deste barrio que fixeron da pesca a súa principal industria. Tivo industrias adicadas ao mar, fundicións e motores, madeiras... Pero tamén tivo alfolí do sal, muíños, hórreos, praza de touros, igrexa, capela e ata barrio de señoritas. Foi lugar de nacemento de grandes navegantes (Sarmiento de Gamboa, Irmáns Nodais...), piratas (Benito Soto)... Posuía unha arquitectura popular mariñeira tipicamente galega. A súa maior puxanza foi pola sardiña, o arte do xeito, o barco xeiteiro e a salgadura. Foi un barrio que fixo vivir a toda a vila de Pontevedra da pesca, da súa salgadura e da súa venda e exportación.

Máis eventos de tipo Exposición

Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia
A Ferrolana fondeada na baía de Cádiz. 1849 Ramón L. Barreiro. Debuxo a lapis e tinta
A volta ao mundo da corveta A Ferrolana
17 de outubro a 31 de maio
Casa da Navegación de Baiona