Evento: Os maios: Unha viaxe polos maios galegos

Os maios: Unha viaxe polos maios galegos
sábado, 8 maio, 2021 - 10:00
Museo Liste Vigo,
Vigo

Os maios: Unha viaxe polos maios galegos

Obradoiro teórico- práctico.

Festividade do ciclo de maio, de comezo da primavera e exaltación da natureza, con diferentes manifestacións, ao longo da nosa xeografía, materializadas en distintas construcións que van dende as de forma cónica ás figurativas. Percorreremos os lugares de maior tradición para analizar os seus Maios característicos e faremos referencia a outras celebracións da transición á primavera por todo o mundo.

A actividade constará de:
– Parte teórica: introdución ás festas da primavera.
– Parte práctica: elaboración de Maios no xardín que circunda o museo.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiro de Cultura Romana
23 de xuño a 27 de xuño
Biblioteca Pública de Lugo
Ludobiblio Cempés
23 de xuño a 5 de setembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiros tecnolóxicos
23 de xuño a 14 de agosto
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Obradoiro Corporalidades diversas
26 de xuño
Biblioteca Pública de Ourense