Evento: Clausura do amor
Clausura do amor
Clausura do amor
Espectáculo teatral a cargo da compañía Cámara Negra Teatro
Elenco
Teté García
Xosé M. Esperante
Clausura do amoré o texto máis representado do francés Pascal Rambert, estreado en Avignon e traducido a máis de dez idiomas. Trátase dunha obra de resistencia física e emocional, onde os dous intérpretes deben abrirse en canal para enfrontarse a un texto visceral sobre a fin do amor. O espectador asiste ao acto mesmo de clausurar o amor, de matalo en escena. Un duelo verbal que parte da dor, do medo e da liberación. Actuación e palabra. Nada máis. Un combate desgarrador e devastador, a través de dous monólogos intensos e inmensos.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

28 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra

31 de decembro, 17:00
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra