Evento: De aquí para alá coas emocións

De aquí para alá coas emocións
sábado, 25 outubro, 2025 - 18:00
Teatro Pastor Díaz,
Viveiro

De aquí para alá coas emocións

Espectáculo teatral a cargo de Lydia Botana

En De aquí para alá coas emocións, gozaremos dun novo espectáculo multidisciplinar composto de música, danza, narración oral, teatro cómico e proxeccións de animacións audiovisuais con catro artistas sobre o escenario.

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ao seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais como a cumbia, o blues, a bachata ou a rumba.

O obxectivo é achegar as culturas do mundo, identificar as emocións e cultivar a arte a través da linguaxe universal: a música.

Unha divertida aventura emocionante na que pasaremos por distintos estados de ánimo que descubriremos aprendendo e gozando ao mesmo tempo.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Quen dixo medo!
30 de outubro, 18:30
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
Pitiminí: Concerto para bebés
31 de outubro, 19:00
Teatro Municipal - Tui - Pontevedra
Quen dixo medo!
31 de outubro, 19:00
Auditorio Baldomero Cores - Cee - A Coruña
Acender a noite
31 de outubro, 20:00
Teatro Lauro Olmo - O Barco de Valdeorras - Ourense