Evento: Ás para Alex
Ás para Alex
Elenco: Xosé Manuel Esperante e Cora Velasco
Álex é un neno coma calquera neno de 8 anos que lle encanta correr, xogar,
quedar cos amigos/as, ir ó parque..., e a súa paixón: o fútbol, pero un día Álex
ten que deixalo todo, porque o seu corpo non responde, e coma calquera
neno, Álex enfádase, enfádase coa súa nai, coa súa irmá, co seu can, ata co
fútbol, Álex enfádase co mundo e asáltanlle moitas preguntas, - porque a min?,
- porque non podo xogar? Porque, porque e porque?...., está tan enfadado que
deixa de mirar ao seu arredor, nin se decata que cada mañá o señor Andrés
dende o seu xardín saúdao co mellor dos seus sorrisos. Álex non é quen de ver
nada, ata que un día aparece Laura no seu camiño, e coma unha fada sen
variña e sen pedir permiso entra de cheo na súa vida para mudarlle a mirada.
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios



