Evento: 25N no Museo do Mar de Galicia

25N no Museo do Mar de Galicia
venres, 27 novembro, 2020 - 17:30
Museo do Mar de Galicia,
Vigo

25N no Museo do Mar de Galicia

Tres citas ata o domingo

O Museo do Mar de Galicia, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, desenvolve durante esta semana unha programación especial arredor do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

MOSTRA 'IDENTIDADES LATENTES'
CANDO: 24 novembro ao 6 de decembro 2020
HORA: horario de apertura habitual do museo (Martes a venres: 10-14 e 16 a 19 | Sábados, domingos e festivos: 11-14 e 17-20)
ONDE: sala de exposicións temporais do 1º edificio do Museo do Mar de Galicia
Exposición integrada por unha decena de artistas femininas galegas ou residentes en Galicia que pasean a súa busca artística nas cuestións referidas ás súas identidades: de xénero, culturais, feministas, globais, sociais e individuais.

 

OBRA DE TEATRO 'SOA'
CANDO: 29 novembro 2020
HORA: 12 h
ONDE: 2º edificio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo
DIRIXIDO A: maiores de 12 anos
ENTRADA: GRATIS. Sen reserva previa e ata completar aforo. Acceso a partir das 11:45

O espectáculo centra a atención na esperanza que ten como protagonista unha muller maltratada física e psicoloxicamente que, pechada na casa polo seu marido, atopa na súa nova veciña unha confidente a quen contarlle a súa historia.

 

DOCUMENTAL SABERES DE MULLER
CANDO: mércores 25 e venres 27 de novembro 2020
HORA: 17:30
ONDE: auditorio do Museo do Mar de Galicia (Avda. Atlántida, 160, 36208. Vigo)
ENTRADA: GRATIS. Sen reserva previa e ata completar aforo.

Documental dirixido por Omar Rabuñal. A través de entrevistas a 30 mulleres de máis de 65 anos da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte para recoller coñecementos, idiosincrasia, características lingüísticas e tradición oral galega.

 

Todas as propostas están incluídas no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021. Este é un repositorio de contidos creativos de interese cultural en lingua galega creado pola Xunta de Galicia no marco do Plan de reactivación do sector cultural fronte aos efectos derivados da covid-19. O devandito repositorio, integrado por contidos tanto virtuais coma presenciais, así como por outros servizos de materiais e produción, persegue os obxectivos de dinamizar a lingua propia de Galicia, inxectar fondos e apoiar artistas, creadores e empresas do eido cultural no contexto da crise da covid-19 e abrir unha vía para a continuidade, viabilidade e visibilidade da oferta e do consumo de propostas lingüísticas e culturais.

 

 

Máis eventos de tipo Espectáculo

C@nto contigo
24 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Concerto PunkInfantil
25 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ondamini
25 de outubro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
A falsa autónoma
12 de novembro
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés