Evento: Eterno, unha homenaxe a Juan Giménez
Eterno, unha homenaxe a Juan Giménez
Como homenaxe ao gran Juan Giménez, que nos abondonó tristemente o pasado 2 de abril a causa do Covid-19, Curtas Festival do Imaxinario coorganiza, xunto á Asociación Española de Amigos do Cómic, a exposición Eterno, unha homenaxe a Juan Giménez, que poderá gozarse do 3 de outubro ao 1 de novembro na sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Eterno, unha homenaxe a Juan Giménez reúne a grandes nomes da ilustración e do cómic nunha sentida homenaxe que tamén verá a luz nun libro que se editará e presentará nas datas do festival (23 de outubre ? 1 de novembro) e que non sairá á venda comercialmente, se non que se entregará gratuitamente a cambio dun donativo a favor de Médicos sen Fronteiras para a loita contra a Covid-19, a petición expresa da familia de Juan.
Ao tratarse dunha tirada limitada, o libro entregarase ata terminar existencias e por extricto orde de petición. Pronto se habilitará un formulario para que aqueles que non poidan asistir ao festival o soliciteis, tendo que presentar o xustificante do donativo a MSF e facéndovos cargo dos gastos de envío.



