Evento: Precine
Precine
venres, 6 novembro, 2020 - 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola,
Pontevedra Precine
Obradoiro creativo
Queredes saber que artefactos foron os precursores do cine moderno? Acompañádeme e coñeceredes os inicios do cinema!!!
As nenas e nenos de 6 anos en adiante realizarán os seus primeiros debuxos animados construíndo xoguetes ópticos
Público destinatario: Infantil, a partir de 6 anos (9 prazas)
Con inscrición previa a partir do 28 de outubro, mércores, no teléfono 886 159 249, en horario de 9.00 a 14.00 h.
Lugar: Espazo actividades da planta baixa
Hora: De 18.00 a 19.30 h.



