Evento: Mónica de Nut
Mónica de Nut
Mónica de Nut
Concerto dentro do ciclo de música Novas expresións.
Mónica de Nut é unha cantante moi versátil, atrévese co jazz, a música de raíz, a experimental e mesmo coa ópera. Á parte de cantante, tamén é actriz e licenciada en danza contemporánea pola Escola Superior de Canto de Madrid. Participou en diversas formacións musicais, óperas e teatro musical e conta cun disco a trío, Mónica de Nut trío.
Mónica de Nut vén ben acompañada por Virxilio Dá Silva, guitarrista formado no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra e na ESMAE do Porto. Virxilio creou numerosos proxectos dentro do jazz e do rock e ten un gran talento como improvisador.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Concerto