Evento: Elexía para Brahms

Elexía para Brahms
xoves, 6 novembro, 2025 - 20:30
Avenida do Burgo das Nacións,
Santiago de Compostela

Elexía para Brahms

Concerto de abono da Real Filharmonía de Galicia da temporada 25/26 titulada "Historias".  

Ruth Reinhardt, directora

  • Cometa: Encarga a Núria Giménez-Comas. Estrea absoluta
  • Hubert Parry: Elexía para Brahms
  • Detlev Glanert: Idyllium. Estrea en España
  • Johannes Brahms: Serenata núm. 2 en La maior, Op. 16

Coa participación do alumnado da EAEM
Núria Giménez-Comas dá luz coa súa Cometa ao compositor, aínda na escuridade, Hubert Parry. Pacifista e sufraxista convencido, Parry iniciou o renacemento da música británica con obras tan emotivas como Elexía para Brahms, que non escoitou en vida. A obra de Detlev Glanert, Idyllium é unha homenaxe ao Brahms alegre e refinado da Segunda Sinfonía; por iso, só podía ser Brahms quen puxese o broche final ao programa coa Serenata núm. 2, dedicada á que foi a súa musa, Clara Schumann. Os seus cinco movementos despregan o inconfundible melodismo brahmsiano, a través dunha elección instrumental tan insólita como reveladora
CONVERSANDO CON… Ruth ReinhardtSala Mozart, 19:45 h

Máis eventos de tipo Concerto

Festicultura o mellor para perder a cordura
8 de agosto
Área recreativa A Roxica
Carabela
8 de agosto
Arca da Noe
Os piñeiros
9 de agosto
Praza do Camiño