Evento: Castelao grafista
Castelao grafista
Caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político. A exposición reúne unha ampla selección das múltiples facetas desenvoltas polo artista. O proxecto mostra a obra e pensamento dun dos creadores galegos máis singulares dos 5 continentes.
A mostra reúne 19 facsímiles e 89 debuxos do álbum Cousas dá vida de Castelao. Así mesmo poderase gozar de 3 retratos fotográficos, 4 caricaturas e 17 debuxos e portadas de revistas. Ademais, poderase ler o texto orixinal do álbum Nós e contemplar 2 manuscritos de Castelao, 18 portadas das primeiras edicións dos seus libros, 3 páxinas interiores, 14 portadas de libros ilustradas por Castelao e 3 debuxos.