Evento: Banda Escola de Música de Visantoña: Músicas de Mediodía

Banda Escola de Música de Visantoña: Músicas de Mediodía
domingo, 20 setembro, 2020 - 17:30
Campo da Festa de Fonte Díaz,
Touro

Banda Escola de Música de Visantoña: Músicas de Mediodía

Concerto de música clásica

Os primeiros datos de formacións musicais na zona aparecen a finais do século XIX e desde ese momento, e ata os nosos días, ten un papel relevante a Banda de Música de Visantoña. 

A Banda de Música de Visantoña naceu baixo o mecenazgo do dono do Pazo de Vilar de Ferreiros, edificio histórico sito nesta mesma parroquia, e que alá polo ano 1877 e a sabendas de que o fillo dun dos seus caseiros, Ramón López Soto, voltara do servizo militar cunhas nocións de música, encargoulle a tarefa de formar unha banda.

O fundador da Banda de Música de Visantoña conseguiu facer a súa primeira actuación e desde aquelas ata hoxe, con moitas dificultades pero con moita ilusión e empeño, chegouse á Banda de Música de Visantoña tal e como se coñece na actualidade, contando durante esta traxetoria cunha decena de directores á súa fronte.

Neste percorrido histórico tivo unha importancia trascendental a figura de D. Eugenio Pazos Reyes o cal estivo como director á fronte da Banda de Música de Visantoña durante case corenta anos (1955-1994), ao longo dos cales, e debido á súa firme convicción de que a continuidade e a subsistencia da Banda de Música discorría inevitablemente pola educación musical, adicouse ademáis de á dirección a formar musicalmente, xeración tras xeración, a centos de alumnos e alumnas da nosa bisbarra, algúns dos cales chegaron a adicarse profesionalmente ao mundo da música tras continuar os seus estudos en conservatorios profesionais desta e doutras comunidades autónomas e, nos últimos tempos, incluso no estranxeiro.

Todo isto motivou que desde o ano 2008 a Escola de Música que forma a «canteira» da banda, leve o seu nome como recoñecemento á súa extraordinaria laboura.

Da man da banda de música camiña a Asociación Cultural Banda Escola de Música de Visantoña a cal naceu no ano 1990 coa finalidade de garantir a continuidade da Banda de Música de Visantoña e que se configura como a titular da mencionada Escola de Música Eugenio Pazos Reyes, escola que conta desde o ano 1998 conta co recoñecemento como Escola de Música dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

O obxectivo da dita escola é mellorar a educación musical e os valores culturais e implementar unha sólida formación de base que permita o fortalecemento dos primeiros pasos no mundo da música, e para iso desenvolve unha oferta ampla e diversificada de educación musical, sen límite de idade, con clases continuas durante seis días á semán no local de ensaios sito na parroquia de Visantoña e ao que acoden preto de medio cento de alumnos e alumnas deste e doutros concellos limítrofes.

Outro dos froitos directos e enriquecedores desta Escola de Música é o seu Coro de Nenos e Nenas que recentemente ven de sacar á luz o seu primeiro disco titulado «Anceios» .

Na actualidade, a Banda de Música de Visantoña está dirixida polo lalinense Santiago García Mella e conta con preto de corenta músicos que cos seus concertos continuan a levar o nome do noso Concello e da súa contorna a todos os recunchos da xeografía galega, convertíndose nun elemento dinamizador da vida musical do noso pobo.

Máis eventos de tipo Concerto

Alexander Abreu y Havana D´Primera
17 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
Los Straitjackets + Mad Martin Trio
18 de xuño
Rúa de Concepción Arenal, 5
O rianxeiro
19 de xuño
Pavillón Bernabé Costas
Serán’04. IV Encontro Galego de Cultura Popular
20 de xuño a 22 de xuño
Lugar de la Ciudad de la Cultura