Evento: A tartaruga Manola

A tartaruga Manola
domingo, 18 abril, 2021 - 18:00
Teatro del Andamio,
A Coruña

A tartaruga Manola

Espectáculo a cargo da compañía Malasombra Produccións.

Moita diversión, moitas aventuras, moita música e moita aprendizaxe. Estas son as catro craves deste espectáculo.

A tartaruga Manola é un conto que trata un dos temas máis importantes que nos toca abordar na actualidade, a conservación do lugar onde vivimos todos os seres vivos,  o noso planeta, e como debemos actuar se queremos que siga sendo un lugar habitable para nós e para os que veñan despois de nós.

Manola é unha simpática tartaruga que vive tranquila nun pequeno estanque na casa duns seres humanos, ata que decide emprender unha gran aventura na que primeiro, comprobará asustada como a contaminación, a deforestación e a falta de auga están a cambiar para mal toda a súa contorna, despois aprenderá que é o que podemos facer para deter esta terrible degradación do medio ambiente, e finalmente, tomará a decisión de contarllo a todo o mundo para que cada un achegue o seu gran de area no coidado do que a final de contas, é a nosa casa, a casa de todos e de todas.  

A través de divertidas cancións e do encontro con personaxes curiosos (Un ourizo, unha anguía, unha tartaruga anciá...) acompañamos a Manola na súa viaxe, no que se atopará con situacines perigosas que aprenderá a resolver, ben ela soa, ou ben coa axuda doutros.

Manola fará esta viaxe aprendendo, e con ela, os nenos, as nenas e tamén os adultos, aprenderemos con ela como cada un de nós pode actuar cambiando certas actitudes no noso día a día, para así entre todos, seguir mantendo limpa e agradable nosa casa, o noso planeta.

Máis eventos de tipo Espectáculo

os fabulosos cleaners
Os fabulosos CLEANERS
12 de abril
Multiúsos da Xunqueira
Son animal
18 de abril
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Concerto PunkInfantil
18 de abril
Teatro da Beneficencia