Evento: Concepción Arenal. Entre o conto da súa vida e o imposible

Concepción Arenal. Entre o conto da súa vida e o imposible
sábado, 19 setembro, 2020 - 17:00
Biblioteca e Arquivo de Galicia,
Santiago de Compostela

Concepción Arenal. Entre o conto da súa vida e o imposible

Obradoiro de conmemoración do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal.

Este ano conmemórase o 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, e a Biblioteca de Galicia quere rendirlle unha homenaxe coa realización dun obradoiro para dar a coñecer figura dunha muller activista e pioneira nos movementos fiministas e de igualdade de xénero; unha muller disposta a revelarse por aquelas persoas máis desfavorecidas: os pobres, as mulleres e os presos.

Gran observadora e pensadora, esta muller de carácter inconformista nun tempo no que o acceso á educación estaba restrinxido aos homes, o seu obxectivo foi loitar contra isto para facer unha sociedade máis xusta.

Neste obradoiro realizaranse unhas caixas expositivas a partir de materiais coma cartón, corda, tea...combinando as propostas plásticas con exercicios de escrita que, a modo de caligramas, recuperarán a testemuña da obra de Concepción Arenal.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Xogando coas letras - mércores 29
29 de outubro
Biblioteca Pública de Ourense
“Estudar é + doado se sabes COMO” (6ª Sesión)
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo
Investigación de mensaxes secretas
31 de outubro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Obradoiro de Halloween
31 de outubro
Biblioteca Pública de Lugo