Evento: Pan! Pan!

domingo, 14 outubro, 2018 - 19:00
Auditorio da Xuventude
, Cambados
Comedia teatral da compañía A Panadaría

Autora: Areta Bolado

Dirección: conxunta

Elenco: Areta Bolado, Noelia Fernández, Ailén Kendelman

PAN!PAN! conta a historia de Harry, un cowboy americano que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado. A través da aventura deste antiheroe, redescóbrese ese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Coma nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Con este espectáculo gañaron o 1º Premio Xuventude Crea 2013.

Esta programación pode sufrir modificacións. Confirmar datas e horas nos espazos onde se representa, na Rede galega de Teatros e Auditorios.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Aladino e a lámpada marabillosa
16 de decembro, 12:00
Auditorio Municipal de Ourense
Uxío no país de Patadecabra
16 de decembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Orquestra de malabares
16 de decembro, 19:00
Teatro Jofre
Tropical
20 de decembro, 21:00
Teatro Principal de Pontevedra